O GDR Comarca de Lugo fixo un percorrido por paisaxes agrarias de Monterroso

O Xeodestino Comarca e Terras da Ulloa organizou hoxe unha ruta guiada por Mónica Díaz polo Concello de Monterroso cun percorrido circular de 9 quilómetros.
A andaina saíu da Igrexa de San Salvador de Valboa e percorreu catro parroquias ata volver ao punto de partida.
Os participantes, un grupo de preto de 30 persoas, puideron descubrir o patrimonio natural e arquitectónico e unhas paisaxes agrarias espectaculares, salpicadas de vivendas con esgrafiados, explotacións gandeiras e numerosas igrexas románicas ou de orixe románica.
A ruta estivo organizada polo GDR Comarca de Lugo e contou co financiamento da Xunta de Galicia e pola Axencia de Turismo e coa colaboración do Concello de Monterroso e da firma local Doces da Ulloa, que ofreceu unha degustación dos seus produtos ao finallizar. O alcalde, Eloy Pérez, tamén se achegou saudar aos e ás participantes na andaina e convidounos a volver á Ulloa.