O GES de Friol realizou 270 intervencións nestes primeiros cinco meses
O Concello de Friol alberga a sede do GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipal) que ten a súa ubicación no polígono industrial, en unha das naves do edificio multiusos de propiedade municipal. Este grupo formado por 12 profesionais, da cobertura a este municipio e aos de Begonte, Guitiriz, Palas de Rei e Outeiro de Rei.
Este grupo empezou a funcionar o día 8 de agosto do ano 2022, e a persoa encargada de organizar e supervisar este GES, día a día, é o concelleiro delgado do Concello de Friol Enrique Barreiro.
Este servizo, tan importante para os concellos que forman parte del, conta con unha financiación por parte da Xunta de Galicia, Deputación e Concellos que suma case 300.000 € anuais.
Os profesionais que conforman este grupo de emerxencias tiveron que realizar numerosas intervencións po todo o territorio que abarca este grupo, dende que se puxo en marcha en agosto.
Se diferenciamos por municipios, cabe salientar que no de Friol realizaron 68 intervencións entre saídas para intervir en accidentes, ou en efectos causados por fenómenos meteorolóxicos, fauna, velutinas, incendios, tamén unha saída por culpa dun vertido, e cabe salientar as numerosas saídas realizadas polo grupo para axudar na busca de Jose Luis, o veciño de Friol que continúa desaparecido, e tamén varias saídas de outro tipo.
No concello no que menos intervencións tivo que facer este grupo de emerxencias foi no de Palas de Rei, con 45 saídas relacionadas con fenómenos meteorolóxicos, fauna, velutinas, incendios, accidentes, persoas desaparecidas e outros.
No concello de Begonte realizaron un total de 64 intervencións, entre actuacións relacionadas con fenómenos meteorolóxicos, fauna, velutinas, incendios, accidentes e outros.
Algo menos actuaron no concello de Outeiro de Rei, con un total de 49 saídas, en actuacións relacionadas con fenómenos meteorolóxicos, fauna, velutinas, incendios, accidentes, persoas desaparecidas e outros.
En Guitiriz tiveron que intervir nun total de 44 casos, entre actuacións relacionadas con fenómenos meteorolóxicos, fauna, velutinas, incendios, vertidos, accidentes e outros.
Para levar a cabo todas estas actuación, 269 en total, o GES conta con unha carroceta urbana, equipos de eliminación de velutinas, utensilios de excarcelación e outros equipos necesarios para realizar o seu traballo diario.
O alcalde de Friol, Jose Ángel Santos, di que “este servizo está axudando a reducir moito os tempos de intervención en caso de emerxencias no noso concello e nos limítrofes, que forman parte do grupo, un feito que todos os alcalde3s dos municipios que formamos parte estamos satisfeitos de conseguir ter este servizo básico asentado no noso territorio, polo que agradecemos á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, da Xunta de Galicia, que nos permitira poder contar coa sede de este servizo en Friol, así como a implicación constante na inversión que fai independentemente da partida anual, tamén como aportacións durante estes meses en material e vehículos necesarios para que o grupo este activo e co material necesario para executar as emerxencias para os que son demandados”.