O Goberno de Lugo está a realizar unha serie de actuacións na Casa das Asociacións

LugoXa
Cristina López destacou a importancia desta instalación municipal "que permite a moitas asociación sen ánimo de lucro contar cun espazo para organizar as súas actividades"
Casa-das-Asociacións-Lugo-Casa-María-Mariño
12 Dec 2024

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou que o Goberno de Lugo está a realizar unha serie de actuacións na Casa das Asociacións, no Parque da Milagrosa. Esta instalación conta cunha serie de locais cedidos para uso de asociacions de interese social e entidades sen ánimo de lucro operativas en Lugo.

Cristina López destacou a importancia desta instalación municipal "que permite a moitas asociación sen ánimo de lucro contar cun espazo para organizar as súas actividades", e engadiu que "desde a área de Participación mantemos o noso compromiso co tecido asociativo da cidade, garantindo o bo estado desta instalación municipal".

O Goberno de Lugo inviste 3.863 euros na adecuación dos espazos, principalmente traballos de pintura, que se realizarán en distintas zonas da instalación, como o vestíbulo, a sala de ximnasia, os aseos ou os corredores. Ademais da renovación da pintura, repararanse as paredes e os teitos que amosan desconchóns e eliminaranse os carteis antigos.

⚙ Configurar cookies
0.073073863983154