O Goberno de Lugo está a renovar o asfalto da interesección da rúa Otero Pedrayo coa Avenida da Coruña

LugoXa
Arroxo lembrou que a Tenencia de Alcaldía traballa para "atender ás solicitudes da veciñanza e mellorando as vías de toda a cidade"
rúa-Otero-Pedrayo-Lugo
5 Out 2024

O tenente alcalde, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Infraestruturas Alexandre Penas, achegáronse ata a rúa Otero Pedrayo, onde o Goberno de Lugo está a renovar o asfalto da interesección desta rúa coa avenida da Coruña.

Arroxo lembrou que a Tenencia de Alcaldía traballa para "atender ás solicitudes da veciñanza e mellorando as vías de toda a cidade, tanto en zonas urbanas como periurbanas".

Arroxo destacou que o Goberno de Lugo continúa a atender á veciñanza da avenida da Coruña e lembrou que proximamente se renovará o asfalto do treito entre as rúas Perpetuo Socorro e Illas Cíes

A solución executada consiste na creación dunha nova capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, o que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, garantindo que a intervención sexa duradeira. Unha vez rematado o asfaltado, renovarase a sinalización horizontal.

Desede a Tenencia de Alcaldía anímase á veciñanza de Lugo a facer chegar as súas solicitudes ao Concello. Rubén Arroxo destacou que esta información, "xunto coas visitas que realizamos periodicamente aos barrios, permítennos planificar mellor as prioridades e o traballo a realizar".

0.1996898651123