O Goberno de Lugo inicia o asfaltado de sete vías en San Fiz para mellorar a calidade das infraestruturas

LugoXa
O tenente alcalde, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, destacaron a importancia desta iniciativa
mellora-das-estradas-de-San-Fiz-en-Lugo
14 Feb 2025

Comeza o asfaltado de sete vías na contorna do barrio de San Fiz co fin de mellorar as infraestruturas nas zonas periurbanas da cidade.

O tenente alcalde, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, destacaron a importancia desta iniciativa, subliñando que "con esta actuación continuamos a traballar nas zonas periurbanas de Lugo, garantindo o benestar das veciñas e veciños de toda a cidade".

O tenente alcalde afirmou que os traballos permitirán "renovar vías co pavimento deteriorado e garantir a boa calidade e a boa imaxe da rede de vías urbanas municipal".

As vías que se verán beneficiadas por esta intervención son: a Corredoira entre as vivendas 23, 22, 19 e 23, a Pista de acceso ao Camiño da Igrexa, o Camiño da Costa, a Pista de acceso á Igrexa, a Pista de acceso aos chalés, o Acceso á Tolda e a Rúa das Laxes.

Nos tramos que contan actualmente cun asfalto en quente, os traballos consistirán na reconstrucción do paquete de firme en todo o seu espesor para evitar que os defectos na capa base afecten á capa de rodadura.

Ademais, instalarase unha nova capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, que garantirá un selado do firme ante a acción da auga superficial e asegurará a durabilidade da intervención.

0.1759021282196