O Goberno de Lugo promove a lingua galega no Cemiterio Municipal

LugoXa
El Gobierno de Lugo mantuvo un encuentro con Xosé González para promover el uso del gallego en el Cementerio Municipal.
ruben arroxo cristina lopez normalizacion linguistica
22 Xan 2022

O tenente alcalde, Rubén Arroxo e a concelleira de participación Cristina López reuníronse onte co presidente da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, Xosé González, e o seu representante en Lugo, Luís Villares. O tenente alcalde e a concelleira de participación compartiron cos representantes da organización compartiron as distintas accións que o Goberno de Lugo está a estudar para promover a lingua galega no cemiterio.

“Desde o Goberno de Lugo recollemos a proposta desta asociación e estamos a estudar incorporar unha axuda a todas as persoas que desexen galeguizar as lápidas dos seus defuntos”, explicou Rubén Arroxo, que engadiu “buscamos traballar en colaboración coa asociación para levar adiante esta campaña, dado o éxito que xa tiveron co seu traballo no cemiterio de San Facundo, en Paradela, único que contén todas as súas lápidas en galego, e que están a comezar a executar en colaboración co Concello de Lalín”.

O Goberno de Lugo continúa a traballar na mellora do Cemiterio Municipal. De cara ao 2022, a área de Participación que dirixe a concelleira Cristina López, planifica a creación dun espazo expositivo que contará cunha exposición permanente da historia do Cemiterio e do antigo cemiterio de Magoi.

“Estamos tamén a traballar a posibilidade de habilitar un espazo no Cemiterio Municipal para que todas as veciñas e veciños de Lugo poidan deixar aos seus animais de compañía”, explicou o tenente alcalde, que engadiu “seguimos a planificar traballo para mellorar o Cemiterio Municipal, mellorando as instalacións seguindo as solicitudes que nos fan as veciñas e veciños, e avanzando de cara a contar cun cemiterio referencial a nivel internacional, un dos poucos de todo o estado xestionados de forma totalmente pública”.

0.072463989257812