O Goberno de Lugo renova o servizo de comedores escolares

LugoXa
A Xunta de Goberno do Concello de Lugo aproba a renovación do contrato de comedores escolares, que da servizo a máis de 700 alumnos
comedor rosalia de castro inicio curso escolar arroxo
16 Jun 2022

O Concello de Lugo deu luz verde a distintos proxectos das áreas dependentes da tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo, correspondentes ás áreas de Participación e Educación.

O Goberno de Lugo aprobou a renovación do servizo de comedores escolares, que conta cun orzamento base de licitación de 891.206,80€ ao ano, cunha duración de 4 anos. O servizo atende a diario a máis de 700 nenas e nenos no comedor, nun total de 9 centros, e 300 nenas e nenos no servizo de almorzo en 12 centros.

O novo contrato inclúe a obrigatoriedade de utilizar leite de orixe galego, e incentiva o uso de productos de comercio xusto e indicacións xeográficas protexidas da Galiza.

A nova adxudicación, aínda na situación actual de inflación e o citado incremento nas esixencias de calidade do producto, non vai supoñer ningún incremento na tarifa que pagan as familias, manténdose un ano máis o prezo da ordenanza reguladora deste servizo. Ademais, actualizáronse as condicións laborais do persoal que presta o servizo.

A área de Participación aprobou a renovación da colaboración entre o Concello de Lugo e a Cruz Vermella. Participación achegará 22.000€ á Cruz Vermella, o que permitirá a prestación de servizos preventivos, intervencion de emerxencias e actuacións a desenvolver en Lugo con motivo da celebracion de actos de caracter cultural, deportivo festivo ou semellantes durante todo o ano.

A Xunta de Goberno Local de hoxe aprobou a relación de persoas autorizadas a vender no Mercado Tradicional para o ano 2022. En total, a área de Participación conta con máis de 90 persoas autorizadas a participar neste mercado, que se celebra os martes e venres de 08:30 a 14:30. No caso de que un martes ou venres sexa festivo, celebrarase o día anterior. Os produtos que se venden neste mercado son os propios da colleita, que cumpren a normativa sobre seguridade alimentaria e contan coas autorizacións en vigor.

0.19076180458069