O Goberno de Lugo traballa na mellora da imaxe da praza do Sagrado Corazón

LugoXa
Os traballos que se están a executar consisten na renovación da pavimentación e do muro, dando continuidade ao xa instalado no ascensor
Praza Sagrado Corazón Lugo
1 Jul 2022

O tenente alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, informou dos avances realizados na renovación da praza do Sagrado Corazón, na actuación correspondente á mellora da pasarela que da acceso ao ascensor. Arroxo visitou a praza xunto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas.

“Despois de renovar a praza continuaremos traballando na mellora da imaxe da contorna con esta nova intervención, que permitirá mellorar a imaxe da pasarela que da acceso ao ascensor”, afirmou Rubén Arroxo, que engadiu “a actuación estase a executar a bo ritmo, seguindo sempre condicións climatolóxicas para garantir o mellor resultado posíbel”.

Os traballos que o Goberno de Lugo está a executar nesta zona consisten na retirada do pavimento e na demolición do muro actual, e nos vindeiros días comezará a instalación do novo pavimento e a construcción dun novo muro que dará continuidade ao xa instalado no acceso ao ascensor, elaborado con elementos metálicos e de vidro. Ademais, instalaranse novos elementos para a recollida das augas pluviais, o que evitará filtracións na zona.

A actuación ten un orzamento de 47.825,26 euros, e complementan á renovación da praza do Sagrado Corazón, unha actuación executada nos últimos meses e que converteu este lugar nun espazo aberto e amable coa veciñanza.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1694540977478