O Goberno de Rábade dá inicio ás obras de recuperación de espazos públicos
O Concello de Rábade vén de iniciar as obras de recuperación dun espazo da Praza de España que estaba completamente abandonado e que non podía ser usado polos veciños e veciñas debido ao seu mal estado.
Segundo indica a alcaldesa, Remedios González, "a partir de agora será un espazo accesible, que deixará atrás unhas instalacións obsoletas e mal coidadas que nos obrigaron a facer unha actuación de emerxencia en canto obtivemos os permisos pertinentes".
Así, o Goberno local eliminará o vertedoiro no que se tiña convertido a antiga fonte, reporá as árbores orixinais, magnolios, e a iluminación con farolas de fundición, ao tempo que recuperará a zona como espazo público para uso e desfrute dos veciños e veciñas.
A rexedora estima que as obras, moi demandandas pola veciñanza, rematen a semana próxima.