O Goberno Local de Lugo celebra unha nova comisión de seguimento

LugoXa
Destacaron a boa sintonía e a efectiva colaboración entre as partes, facendo fincapé na importancia de seguir impulsando un modelo de cidade cohesionada
reunión-Goberno-local-Lugo
7 Apr 2025

O Goberno local de Lugo mantivo unha nova comisión de seguimento na Casa do Concello, co obxectivo de avaliar o traballo realizado nos últimos meses e seguir avanzando na folla de ruta compartida para a cidade.

Durante o encontro, os representantes do executivo local destacaron a boa sintonía e a efectiva colaboración entre as partes, facendo fincapé na importancia de seguir impulsando un modelo de cidade cohesionada, centrada nas persoas e con capacidade para acompañar os proxectos vitais e laborais da veciñanza.

Este tipo de reunións periódicas, que forman parte da dinámica interna do Goberno local, teñen como finalidade consolidar un traballo conxunto tanto a nivel territorial como social, garantindo unha visión estratéxica compartida para Lugo. O encontro tamén permitiu reforzar a acción institucional en aspectos clave para o desenvolvemento da cidade.

Ademais, o seguimento das accións do Goberno local complétase con outras ferramentas propias do funcionamento da institución, como as Xuntas de Goberno Local semanais, nas que están representados tanto o PSOE como o BNG.

Estas xuntanzas permiten manter unha interlocución constante entre as partes e asegurar unha acción sostida no tempo para mellorar a calidade de vida da cidadanía.

A comisión de seguimento reflicte o compromiso do Goberno local por traballar de forma coordinada e conxunta para facer de Lugo unha cidade máis inclusiva, equitativa e preparada para afrontar os retos do futuro.

⚙ Configurar cookies
0.15555310249329