O Goberno local de Monterroso mellorou as vías de acceso a San Lourenzo e Pedraza
O Goberno local de Monterroso mellorou as vías de acceso a San Lourenzo e Pedraza a través de dous proxectos baixo o nome de 'Mellora do camiño Pedraza Sur' e 'Mellora do camiño Pedraza Norte' con cargo ao Plan de Cooperación cos Concellos.
Na zona sur, a actuación consistiu na mellora da capa de rodadura de varios viais asfaltados, así como na reparación das fochancas, cun investimento de 25.595 euros para de 542 metros de lonxitude.
Pola súa parte, na zona norte, tamén se mellorou a capa de rodadura e levouse a cabo a reparación das fochancas e o asfaltado ante o mal estado que presentaba cun orzamento de 33.506 euros para 745 metros de lonxitude.
Ambas as actuacións supuxeron un investimento conxunto de 59.101 euros e os tramos foron mellorados porque presentaban desperfectos no firme, sendo un perigo para vehículos e peóns.