O Goberno local impulsa a dinamización económica con máis de 14.900 euros en axudas a entidades locais

LugoXa
As subvencións chegan a oito asociacións que destacan polo seu labor en emprendemento, industria, hostalaría e economía social
Concello-de-Lugo-e-AELU
10 Nov 2025

O Concello de Lugo, a través da Área de Dinamización Económica e Relacións Institucionais, vén de aprobar de maneira provisional a concesión das subvencións destinadas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro que traballan pola dinamización económica do municipio no exercicio de 2025.

As axudas, cun importe total de 14.906,07 euros, distribúense entre oito entidades lucenses que desenvolven a súa actividade en ámbitos como o emprendemento, o asociacionismo empresarial, a economía social, a industria, a hostalaría e a promoción cultural.

Entre as beneficiarias figuran a Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo (AELU), a Federación de Asociacións de Ámbito Social de Lugo (FADAS), a Asociación de Distribuidores de Hostalaría e Alimentación (ADISLUGO), a Asociación Xóvenes Emprendedores Lucenses (AXEL) ou a Asociación de Empresarios dos Polígonos Industriais do CEAO e das Gándaras, entre outras.

O proceso de avaliación, realizado pola Comisión Avaliadora nomeada o 10 de outubro de 2025, tivo en conta factores como o impacto económico das iniciativas, a súa contribución ao emprego e á innovación local, así como o grao de colaboración co tecido produtivo lucense. As puntuacións outorgadas oscilaron entre os 8,75 e os 14 puntos sobre un máximo de 14, valorándose especialmente a traxectoria e a solvencia das propostas presentadas.

⚙ Configurar cookies
0.076356887817383