O Goberno local moderniza o sistema de retransmisión dos plenos

LugoXa
O investimento total é de 127.
foto pleno lugo 2
6 sep 2023

O investimento total é de 127.655 euros e, entre outras melloras, introdúcese un servizo de video-actas como parte do proceso de dixitalización da Administración Local.

O Goberno local de Lara Méndez aposta por achegar a política á veciñanza. Deste xeito, o Executivo realizará un investimento de 126.655 euros para transformar o sistema de retransmisión das sesións plenarias e optimizar o funcionamento interno das mesmas. Os novos recursos permitirán, entre outras cousas, simplificar o acceso ao contido dos plenos, mellorar a súa realización en directo e garantir a calidade da súa emisión en streaming. Así mesmo, este novidoso sistema permitirá emitir ao vivo calquera tipo de evento que teñan lugar neste espazo, desde comparecencias a actos de carácter institucional. “O obxectivo é ampliar a difusión da actividade política que se leva a cabo no Concello para achegar á veciñanza aos debates que teñen lugar nesta cámara e que son fundamentais no futuro da nosa cidade e así promover a participación cidadá”, sinalo a voceira municipal, Paula Alvarellos.

Como parte deste sistema de transformación dixital e mellor da transparencia do Concello de Lugo, no salón de plenos despregarase un subsistema integrado de debate e votación dixital que dispoñerá de unidades de palabra e votación para os participantes presenciais e abre a posibilidade de habilitalo para facelo a distancia no futuro. Ademais, contará cun sistema de tomas pensado para periodistas que vai permitir captar o son dos eventos, independentemente do sistema que utilicen. Está previsto que o conxunto de melloras estea totalmente operativo antes de que remate o ano. “Como Administración apostamos por contribuír a combater a desinformación que prolifera en determinados foros a través das redes sociais simplificando na medida do posible o traballo dos medios de comunicación e poñendo toda a información xerada nas sesións plenarias a disposición da sociedade lucenses en tempo real” sinalou a concelleira.

Ademais, o Concello introduce un servizo de video-actas como parte do proceso de dixitalización da Administración Local que tamén será utilizado durante o transcurso da comisións. Este avance na instauración administración electrónica terá importantes repercusións no funcionamento interno xa que simplificará o traballo dos funcionarios, o que permite optimizar os recursos e avanzar na calidade da atención cidadá. A implantación de todo este conxunto de melloras realizarase no marco da estratexia Dusi e conta cun 80% de financiamento da UE a través dos fondos Feder.

“Con está aposta polo cambio no funcionamento dos plenos e nas dinámicas internas do Concello, o Executivo de Lara Méndez amosa unha vez máis o seu compromiso coa transparencia. É necesario favorecer unha divulgación proactiva da información como resposta a peticións provenientes da cidadanía. O modelo de goberno aberto promulgado pola UE pon fincapé nas oportunidades que os avances tecnolóxicos supoñen para o efectivo exercicio do dereito de acceso á información pública e para impulsar un verdadeiro cambio cultural e de valores na nosa sociedade”, concluíu Alvarellos.

0.13408493995667