O Goberno lugués adianta dúas horas o horario de peche das discotetas

LugoXa
Afectará ás situadas en áreas residenciais ou saturadas da cidade
festa-discoteca-concerto
Discoteca
13 Xuño 2024

O Goberno Municipal de Lugo vén de autorizar a modificación e reducción do horario xeral de peche dos locais con licenza de discoteca. O tenente Alcalde e responsable da área de Mobilidade, Rubén Arroxo, explica que “deberán adiantar o horario de peche das 6:00 horas ás 4:00 horas todos os establecementos abertos ao público con licenza de discoteca localizados en áreas residenciais ou saturadas da cidade de Lugo”.

A medida, insiste o Tenente Alcalde, xurde a raíz das numerosas denuncias veciñais derivadas do funcionamento da actividade de discoteca en zonas residenciais da cidade polo que, tendo en conta a potestade dos concellos para intervir na regulación dos horarios, considerouse oportuno acordar unha redución do horario xeral de peche desta categoría de establecementos “coa fin de conciliar o ocio nocturno co dereito ó descanso dos residentes”, argumenta Rubén Arroxo.

As causas de redución de horario son a localización dos establecementos en áreas e zonas de alta concentración dos mesmos, delimitadas con zonas residenciais, medioambientais protexidas ou saturadas, nas que a actividade que nelas se desenvolve impide o correcto descanso da veciñanza. Porén, insiste Rubén Arroxo, esta modificación non afectará ás discotecas situadas fóra das zonas de residencia como son, por exemplo, as localizadas nos polígonos industriais, que poderán continuar co seu peche ás 06:00 horas.

Este Decreto ofrece un marco legal para que as forzas de seguridade poidan actuar en caso de incumprimento do novo horario de peche por parte dos establecementos.

0.14692902565002