O grupo da Paz conta con novo alumeado público

LugoXa
La ciudad de Lugo continúa con el cambio de luminarias, en esta ocasión es el grupo la Paz el que estrenará alumbrado LED.
alumeado grupo paz
6 Mar 2022

O tenente alcalde, Rubén Arroxo, anunciou a entrada en funcionamento do novo alumeado público do grupo da Paz. Arroxo afirmou que "continuamos a traballar na renovación da rede de alumeado público de Lugo, instalando luminarias LED de baixo consumo que permiten unha boa calidade lumínica con menor consumo enerxético".

A actuación consitiu na renovación das luminarias das rúas Pardo de Cela, Estralote, Carpaza, Santo Domingo da Calzada (zona peonil), Alecrín, Teixo, Acibro, Camelia, Ligustro, Filgueira, Bataneira, Estrelamar, Roseira e Torques

A actuación foi adxudicada por 55.953,80€. En total substituíronse 48 luminarias de vapor de sodio de alta presión de 150W por 35 luminarias LED de 38W e 13 de 75W. Redúcese a potencia a utilizar de 7200W a 2305W, o que suporá unha redución de 7.5 toneladas de CO2 ao ano. Nesta intervención aproveitarase a instalación existente, renovando as luminarias e nas vindeiras semanas realizarase o soterrado dos cruzamentos aéreos do cableado da rede de alumeado.

0.16690802574158