O grupo de folclore popular canario Os Sabandeños actuará en Lugo o 22 de marzo

LugoXa
A Xunta de Galicia ofrecerá no salón de actos da Delegación Territorial de Lugo un concerto do coñecido grupo de folclore popular canario Os Sabandeños, que se celebrará o venres 22 de marzo a partir das 22.
presentacion concerto Os Sabandeños
16 Mar 2024

A Xunta de Galicia ofrecerá no salón de actos da Delegación Territorial de Lugo un concerto do coñecido grupo de folclore popular canario Os Sabandeños, que se celebrará o venres 22 de marzo a partir das 22.00 horas. A asistencia é aberta e gratuíta para todas as persoas interesadas, aínda que por cuestións de aforo é preciso inscribirse con antelación enviando un correo electrónico ao enderezo concertosabandenos.cultura.lugo@xunta.gal .

O grupo presentará un resumen do seu dilatado repertorio, que inclúe cancións populares canarias xunto con versións de famosas composicións de distintos autores e estilos, como Sólo le pido a Dios, Lágrimas Negras, Mirando al Mar ou Yolanda.

0.15742087364197