O grupo de teatro de Airiños do Neira estrea en Baralla a súa primeira obra

LugoXa
“Bar Manolo”, dirixida por Lines de Silva, representarase o venres 4 de xullo no centro sociocultural
Bar-Manolo-Baralla
30 Jun 2025

O grupo de Teatro Airiños do Neira presenta a súa primeira creación escénica baixo o título “Bar Manolo”, unha comedia dirixida por Lines de Silva coa que o colectivo teatral inicia a súa andaina nos escenarios da provincia.

A estrea terá lugar o venres 4 de xullo ás 21:00 horas no Centro Sociocultural de Baralla, nunha cita aberta ao público que supón o debut oficial deste grupo amador vinculado ao municipio.

A obra promete unha posta en escena divertida e cercana, coa que o grupo busca conectar co público da comarca a través dunha historia cotiá ambientada nun bar de pobo.

A dirección de Lines de Silva achega unha mirada persoal e coidada, cunha aposta por unha dramaturxia que mestura humor, retrato social e retranca galega.

Desde Airiños do Neira animan á veciñanza a asistir a esta primeira representación, que consideran un paso importante para dinamizar a vida cultural local e crear un espazo de expresión artística comunitaria.

⚙ Configurar cookies
0.16709017753601