O grupo de teatro de Castro de Rei presenta este venres unha obra

O Concello de Castro de Rei acollerá na praza do Concello unha dramaturxía de Guillermo Cancelo, Un safari ben xeitoso, que interpretarán os integrantes da Escola Municipal de Teatro de Castro de Rei o venres 5 de xullo, ás 23.00 horas.
Trátase da obra que recolle o traballo de todo o ano na escola de teatro do termo municipal.