O grupo Nihil Novum dá a coñecer a riqueza da música medieval e renacentista en Lugo
LugoXa
A Igrexa do Bo Pastor de Lugo acolle este sábado a actuación do grupo Nihil Novum a partir das 18.
1 Mar 2024
A Igrexa do Bo Pastor de Lugo acolle este sábado a actuación do grupo Nihil Novum a partir das 18.00 horas. O trío, formado en Lugo no ano 2018, dedicado á música antiga ten como obxectivo primordial dar a coñecer a inmensa riqueza da música medieval e renacentista, nas que se enmarcan as cantigas de Santa maría e de trobadores galaico-portugueses, a música cortesá e a de raíz popular así como as cancións tradicionais sefardís.
En cada unha das súas interpretacións, Nihil Novum explora as posibilidades destas composicións para transmitir a súa beleza ao público actual, adaptando voces e instrumentos para os seus recitais, pero mantendo a fidelidade ás fontes de textos e melodías.