O Grupo Popular propón a Juan Serrano como senador
LugoXa
O Grupo Popular propón a Juan Serrano como novo senador en representación de Galicia
26 Out 2021
O Grupo Popular vén de rexistrar no Parlamento de Galicia a proposta para a designación de Juan Carlos Serrano López como senador en representación da Comunidade autónoma, en substitución de Jesús Vázquez Abad, que recentemente renunciou ao cargo.
Natural de Portomarín, Serrano López é empresario relacionado co sector avícola e foi alcalde deste Concello lucense desde o mes de maio de 2011 ata a pasada semana, cando presentou a súa dimisión á Alcaldía.