O grupo Porta Aberta representará 'A morte... é punto!' en Lugo este sábado

LugoXa
Esta é a última das obras da edición 2024 do Circuíto de Teatro promovido por FEGATEA que poderá verse no Escenario Hipócrita
Porta-Aberta-Teatro
8 Nov 2024

Este sábado, 9 de novembro, o Escenario Hipócrita da rúa Doutor Gasalla 18, en Lugo, acollerá a representación teatral 'A morte... é punto!'.

O grupo Porta Aberta poñerá en escena unha comedia composta por tres pezas breves nas que a morte é o tema principal a partir das 20.00 horas.

Esta é a última das obras da edición 2024 do Circuíto de Teatro promovido por FEGATEA que poderá verse no Escenario Hipócrita.

Por outra banda, o 23 de novembro o Escenario Hipócrita acollerá dous espectáculos unipersoais, 'La extranjera', unha peza de teatro físico de Stephanie Cubides, que narra o eterno conflito entre a permanencia e a partida; e 'Mensaxe perdida', unha peza de danza contemporánea de Lucía Álvarez, baseada nos sons das campás do Camiño Primitivo.

0.15167093276978