O grupo Treixadura actuará o 23 de outubro no Día do Veciño de Lugo

LugoXa
O grupo Treixadura actuará na cidade de Lugo o próximo 23 de outubro co patrocinio da Xunta, na celebración do Día do Veciño.
Cooncerto Treixadura Dia do Vecino portada
1 Aug 2022

O grupo Treixadura actuará na cidade de Lugo o próximo 23 de outubro co patrocinio da Xunta, que colabora deste xeito coa federación de asociacións Lucus Augusti na celebración do Día do Veciño.

O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, presentou o concerto acompañado de Álvaro Lamas, integrante da agrupación musical, e do presidente da federación, Jesús Vázquez. O concerto terá lugar no Pazo de Feiras e Congresos con ocasión da vixésima edición da festa veciñal, que en anos anteriores á pandemia chegou a convocar a máis de 4.000 persoas.

Arias enmarcou a iniciativa na aposta da Xunta “por seguir descentralizando a programación cultural para ofrecerlle á cidadanía propostas diversas e de calidade” en todo o territorio. “Boa mostra diso é o concerto que ofrecerá en Lugo este grupo emblemático que enxalza a música tradicional galega”, apuntou.

Treixadura, creado en 1990, está inmerso actualmente na xira de presentación do seu novo traballo, Camiño longo, no que recuperan as melodías dos seus inicios e celebran os máis de 30 anos de andaina do grupo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18483185768127