O hostalaría de Lugo viste de gala e distingue o bo facer do sector

LugoXa
A cidade de Lugo volveu ser escenario da Gala Provincial da Hostalería Lucense, organizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (APEHL).
gala_provincial_hostalaria
15 Abr 2024

A cidade de Lugo volveu ser escenario da Gala Provincial da Hostalería Lucense, organizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (APEHL). Un dos momentos álxidos da cita, que tivo lugar no Hotel Méndez Núñez, foi a entrega dos Premios a Toda unha Vida nos fogóns, cos que foron recoñecidos catro hostaleiros da provincia.

Os homenaxeados nesta ocasión son Carlos e Jaime, da Cafetería Nevada de Lugo; José Ramón, do Restaurante Mazo de Santa Comba de Lugo; Carmen e Horacio, do Restaurante Río Lor de Quiroga e Manolo, do Restaurante A Casa de Guitiriz.

O evento contou coa participación do deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, que felicitou aos homenaxeados polo seu traballo, dedicación e compromiso co sector da hostalería, ”embaixadores da nosa provincia, fiel espello da nosa cultura e dos nosos costumes”, motivo polo que “as administracións e o conxunto da sociedade debemos estar ao voso carón”.

0.18451285362244