O IES Monterroso e o CPI Plurilingüe Tino Grandío de Guntín únicos centros lucenses do EduReferentes

LugoXa
Los centros escolares IES Monterroso y CPI Plurilingüe Tino Grandío de Guntín son los únicos lucenses del programa EduReferentes.
cpi plurilingue tino grandio guntin
14 Feb 2022

O IES IES Monterroso e o CPI Plurilingüe Tino Grandío de Guntín únicos centros lucenses do EduReferentes. Nesta iniciativa participan un total de 20 centros educativos. Trátase dun programa dirixido aos centros educativos públicos co que se busca dar a coñecer o papel de referentes femininas nas aulas e, deste xeito, contribuír a favorecer a igualdade desde idades temperás.

A iniciativa, impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración coa Asociación Executivas de Galicia, está dirixida ao alumnado das etapas de Educación Secundaria Obrigatoria e de Formación Profesional Básica, para que, a través de charlas e sesións de mentorización, teñan a oportunidade de coñecer novas referencias femininas no ámbito profesional e, deste xeito, que a mocidade dispoña de novas ferramentas para unha orientación vocacional libre de estereotipos de xénero.

O programa inclúe charlas e sesións prácticas nas que profesionais referentes galegas de éxito de diversos sectores se achegarán ás aulas para dar a coñecer a súa experiencia a través de encontros e mentorías individualizadas para potenciar as habilidades persoais dos alumnos. Trátase de sesións de 50 minutos onde o alumnado terá a oportunidade de traballar diferentes habilidades sociais e de comunicación baixo a supervisión destas mulleres referentes.

O departamento de Orientación de cada un dos centros adheridos ao programa será o encargado da súa coordinación.

ACOMPAÑAMENTO INDIVIDUALIZADO
No caso das mentorías individualizadas, os centros educativos participantes farán unha selección de cinco alumnos para ser acompañados por unha profesional referente no seu ámbito. A persoa mentora compartirá a súa experiencia e coñecemento ao longo de cinco sesións individualizadas, apoiando o alumnado nas súas fortalezas, habilidades e intereses. Unha vez finalizado o programa, o alumnado mentorizado recibirá un diploma acreditativo.

As charlas terán lugar ao longo do segundo trimestre deste curso mentres que as mentorías realizaranse entre o segundo e o terceiro trimestre.

0.13468098640442