O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes participa no programa educativo Escola Verde
O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo participa no programa educativo Escola Verde da Xunta de Galicia que está impulsado por MeteoGalicia.
Este curso este programa acollerá a participación dun total de dez centros de ensino. O programa arrancou cunha xornada formativa telemática dirixida aos 110 profesores que se encargarán desta iniciativa, que chegará a máis de 1.400 alumnos dos centros participantes.
O obxectivo deste programa é acadar cambios de comportamento e fomentar actitudes responsables co medio ambiente en todos os aspectos do eido escolar.
Así, cada centro escolle unha temática sobre a que traballar durante o curso escolar, para concienciar aos alumnos no respecto pola biodiversidade e a natureza desde as idades máis temperás.
Escola Verde —xunto con MeteoEscolas- é un dos programas recollidos no Plan Proxecta+, unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidades na que colaboran diferentes organismos e está pensada para fomentar a innovación educativa nos centros, así como potenciar o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial.
Plantas aromáticas e insectos
O programa que se levará a cabo no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes chámase “Plantas aromáticas e insectos” xa que moitas plantas aromáticas non so aportan un gran aroma ao xardín ou terraza, tamén poden ser utilizadas na cociña, poder ser un repelente natural para os insectos que aparecen no verán.