O IES Ollos Grandes contará con apoio para converterse en centro de bacharelato internacional

A Tenencia de Alcaldía de Lugo mostrou á directiva do IES Ollos Grandes a súa intención dade colaborar para que este centro se convirta no terceiro instituto público de Galicia que ofreza bacharelato internacional.
O Programa de diploma de bacharelato internacional é un programa educativo de dous anos impartido en tres idiomas —inglés, francés e castelán— para estudantes non universitarios con idades comprendidas entre os 16 e os 19 anos. Fundado en Xenebra (Suíza) en 1968 pola Organización Internacional de Bacharelato (OBI), actualmente impártese en máis de 900 institutos públicos en 127 países, con máis de 600.000 estudantes.
Iria Buide destacou que "seguimos traballando por mellorar a calidade educativa de Lugo, apoiando un proxecto coma este que permitirá poñer ao IES Ollos Grandes nun programa de prestixio internacional".
Tanto Buide como Arroxo trasladaron á directiva o apoio da Tenencia de Alcaldía para avanzar neste obxectivo, que, segundo a edil, "situará a Lugo no mapa educativo internacional como cidade innovadora e comprometida cun ensino de calidade" e subliñou que "é unha aposta polo futuro de Lugo, pola mocidade e polo desenvolvemento da cidade".