O IES Virxe dos Ollos Grandes recoñece á UNED de Lugo polo seu labor en divulgación ambiental

LugoXa
Desde LugoNaturalMente, titorizáronse tamén varios Traballos de Investigación do alumnado de bacharelato
IES-Virxe-Ollos-Grandes-UNED-de-Lugo-como-Entidade-Amiga
19 Jun 2025

O IES Virxe dos Ollos Grandes de Lugo concedeu este mércores o recoñecemento como 'Entidade Amiga' á UNED de Lugo, nun acto no que se puxo en valor o seu compromiso coa divulgación ambiental e o apoio ao alumnado de bacharelato STEM.

Ana Traseira e Paula Moure acudiron en representación do proxecto LugoNaturalMente da UNED de Lugo para recoller esta distinción, que subliña o traballo colaborativo desenvolvido entre ambas entidades ao longo dos dous últimos cursos académicos.

A través desta colaboración, apostouse pola alfabetización climática, o reforzo de contidos curriculares na materia de Bioloxía e Xeoloxía e a dinamización de múltiples actividades didácticas cun enfoque práctico e comprometido coa sustentabilidade.

Desde LugoNaturalMente, titorizáronse tamén varios Traballos de Investigación do alumnado de bacharelato, contribuíndo a completar a súa formación académica e a aproximar a ciencia á realidade educativa do centro.

O recoñecemento evidencia o éxito dunha colaboración interinstitucional que demostra a importancia de tender pontes entre a educación superior, a investigación e os centros educativos para preparar ás novas xeracións fronte aos desafíos científicos e ambientais do presente e do futuro.

⚙ Configurar cookies
0.17079210281372