O III Festival Eravisto regresa a Vilar de Donas cunha intensa xornada de música e festa

LugoXa
A cita terá lugar o 11 de outubro en Palas de Rei con concertos, cea popular, verbena e sorteos
Charanga-Eravisto
5 Oct 2025

O vindeiro sábado 11 de outubro celebrarase en Vilar de Donas, no concello de Palas de Rei, o III Festival Eravisto, unha cita festiva que reunirá música, gastronomía e verbena ata altas horas da madrugada.

A programación arrancará ás 13:30 horas cunha sesión vermú a cargo da charanga Eravisto, e continuará ás 20:30 horas coa actuación do Dúo Ciclón. A partir das 22:00 celebrarase unha cea popular que incluirá empanada, liscos, chourizos, pan, viño, auga, gaseosa e café, cun prezo de 15 euros.

A gran verbena dará comezo á medianoite coa música de Galifunk Brass, a charanga Eravisto e o Dúo Ciclón. O broche final poñerao o disco móbil Eravisto. Ademais, durante a verbena sortearanse premios como un televisor de 32 polgadas e unha desbrozadora de 52cc.

O festival desenvolverase baixo carpa, asegurando a festa independentemente do tempo. A organización corre a cargo da A.C. Eravisto coa colaboración do Concello de Palas de Rei.

⚙ Configurar cookies
0.084433794021606