Alerta no incendio de Baleira pola súa proximidade ás casas

LugoXa
O incendio de Baleira, que deu comezo na tarde de onte, afecta xa a 150 hectáreas segundo informan dende Medio Rural
incendio forestal lume
29 Mar 2023

O incendio forestal do municipio de Baleira permanece activo e a Xunta vén de decretar a situación de emerxencia 2 pola proximidade do lume ao núcleo de Fórneas.

Comezou onte ás 17.00  na parroquia de Cubilledo e dende entón os fortes ventos están complicando os traballos de extinción e xa hai un total de 150 hectáreas afectadas.

Ante estas condición climatolóxicas os medios aéreos non están traballando dende as 13.00 e polo momento mobilizáronse para o seu control 3 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 13 motobombas e unha pala.

A Consellería do Medio Rural recorda que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal.

0.21333503723145