O incendio de Baleira xa está controlado tras afectar a 1.400 hectáreas

LugoXa
O incendio de Baleira, que deu comezo na tarde do martes, afecta xa a 1.400 hectáreas segundo informan dende Medio Rural
incendio forestal lume
31 Mar 2023

O incendio forestal do municipio de Baleira está controlado dende as 5.45 de de hoxe segundo informan dende a Consellería do Medio Rural.

O lume que de comezou o martes ás 17.00  na parroquia de Cubilledo foi dificil de contral debido ás fortes rachas de vento e afecta xa a un total de 1.400 hectáreas.

Con respecto a orixe do incendio o conselleiro informou que “foi un día complicado en Galicia polos refachos de vento e o que nos trasladan as investigacións e que probablemente fora provocado por unha neglixencia”

Polo momento mobilizáronse para o seu control 5 técnico, 53 axentes, 75 brigadas, 37 motobombas, 3 palas, 1 unidade técnica de apoio, 4 avións, 5 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural recorda que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal.

0.17211198806763