O incendio de Baleira xa está extinguido tras afectar a 1.400 hectáreas
O incendio forestal do municipio de Baleira xa foi extinguido segundo informan dende a Consellería do Medio Rural.
O lume que de comezou o martes ás 17.00 na parroquia de Cubilledo foi dificil de controlar debido ás fortes rachas de vento e afectou a un total de 1.400 hectáreas.
Con respecto a orixe do incendio o conselleiro informou que “foi un día complicado en Galicia polos refachos de vento e o que nos trasladan as investigacións e que probablemente fora provocado por unha neglixencia”
Mobilizáronse para o seu control 5 técnico, 53 axentes, 75 brigadas, 37 motobombas, 3 palas, 1 unidade técnica de apoio, 4 avións, 5 helicópteros.
A Consellería do Medio Rural recorda que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal.