O incremento de poboacións de mexillón de río mellora a calidade da auga
Vanse incrementar as poboacións de mexillón de río para mellorar a calidade das augas fluviais galegas e as poboacións piscícolas que habitan nas mesmas.
O Centro ictioxénico do Veral, en Lugo, deu a coñecer os traballos de investigación que se están a facer sobre a Margaritifera margaritifera, onde recordou que se trata dunha das especies máis ameazadas do planeta e etiquetada como en perigo de extinción, tanto no catálogo galego como no estatal, e en perigo crítico para Europa.
Tal e como se describiu, este bivalvo de auga doce ten unha función como biofiltrador moi importante, extraendo da columna de auga algas, bacterias e partículas de materia orgánica. Nese sentido, o seu declive ten consecuencias directas para o sistema acuático.
Así mesmo, indicouse que, sendo onde se atopa o maior número de poboacións do sur de Europa, era necesario establecer mecanismos para reintroducir e mellorar a situación do mexillón de río, así como fomentar a sensibilización da sociedade galega con esta especie.