O INE funcionará desde o vindeiro luns no Sanatorio García Portela

LugoXa
O traslado suporá para a entidade pública aforrar uns 100.000 euros anuais, que era o que estaba a pagar polo alugueiro na súa actual ubicación
lugo sanatorio garcía portela sede ine2
24 Mar 2021

O Instituto Nacional de Estatística (INE) funcionará desde o vindeiro luns, 29 de marzo, na súa nova sede, no número 19 da rúa Doutor García Portela. Trátase dun edificio histórico inscrito no Inventario de Patrimonio de Cultural de Galicia, e que foi rehabilitado e acondicionado para a súa nova finalidade.

O inmoble, que acollía antigamente o sanatorio García Portela, é un dos poucos edificios de estilo racionalista existentes en Lugo. Foi construído a mediados do século XX por encargo de Manuel García Portela, de acordo cun proxecto do arquitecto Alfredo Vila López.

A nova sede do INE consta de 4 plantas e ten unha superficie de case 1.700 metros cadrados. As obras para adaptalo á súa nova finalidade, e que incluíron a rehabilitación integral do edificio, supuxeron un investimento de 2,4 millóns de euros.

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, visitou este mércores, acompañada do delegado provincial do INE, a nova sede e anunciou o inminente traslado. O cambio suporá para a entidade pública un aforro duns 100.000 euros ao ano, que era o que estaba a pagar polo alugueiro na súa actual ubicación en Pintor Corredoira.

lugo sede ine garcía portela colmenero subdelegada

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18537592887878