O Insuas do Miño FS recupera a súa praza en Terceira logo da renuncia do Distrito do Vento

LugoXa | TerraChaXa
O equipo recupera o seu posto no fútbol sala nacional e xa está preparando a nova tempada, na que renovou como adestrador Christian Costoya
insuas-do-mino-fs
O equipo na xornada de inicio de tempada
20 Ago 2024

O equipo rabadense de fútbol sala Insuas do Miño xogará este ano finalmente en Terceira División. O club recupera a súa praza na categoría da que descendera por arrastre esta mesma tempada.

Recupera por tanto a categoría debido é renuncia do Distrito do Vento FS polo que non haberá arrastres que os envíen a Preferente, como se comunicou hai varias semanas.

O equipo recupera o seu posto no fútbol sala nacional e xa está preparando a nova tempada, na que renovou como adestrador Christian Costoya. Dentro do equipo tamén repiten Antón, Carlos, Alfonso, Adri Varela, Chechu, Xico, Cospe, Borja Corral e Borja Rozas xunto ao capitán dos últimos sete anos Sergio.

Causan baixa no club este ano Javi, Jacobo e Michael. Tampouco seguirá Suso, por incompatibilidade co seu posto de adestrador.

Dentro do capítulo de incorporacións, destaca a de Rodrigo Carral, Pablo Martínez e David Losada.

0.11349701881409