O intercambio de libros chega á praza Horta do Seminario
A praza Horta do Seminario acolle dende o pasado mes de outubro unha escultura en homenaxe aos docentes, obra do artista José Gómez de Bernando.
Desde ANPE, impulsores da instalación da escultura, informan que actualmente este lugar público estase empregando como un espazo de intercambio de libros.
O BookCrossing é unha práctica que consiste en deixar libros en lugares públicos co obxectivo de que outra persoa os recolla, os lea e os volva por en circulación.
Os lectores que desexen participar poderán levar de forma gratuíta un dos libros que haxa dispoñible nesta escultura a cambio de deixar un exemplar para que poida collelo outra persoa. Con esta mecánica, logra manterse o número de libros, pero variando constantemente o catálogo de títulos.
Dende ANPE agradecen “a colaboración de todas e todos os lucenses que dispoñan dunha base bibliográfica que poidan por a disposición dos demais” para “colaborar en tan novedosa iniciativa”.