O investigador Xosé Manuel Valín protagoniza unha nova edición de ‘De conversa con…’ na Despensa do Saa

LugoXa
O acto, que levará por título Libros con historia, será presentado pola recoñecida autora Marica Campo
A-Despensa-do-Saa
15 May 2025

O vindeiro sábado 17 de maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, a Despensa do Saa en Lugo acollerá unha nova entrega do ciclo cultural ‘De conversa con…’, que nesta ocasión terá como protagonista ao libreiro de vello, investigador e escritor Xosé Manuel Valín Barreiro. O acto, que levará por título Libros con historia, será presentado pola recoñecida autora Marica Campo.

Valín Barreiro é unha figura ben coñecida no ámbito da bibliografía e a historia local, autor de obras como Lugo, entre la historia y la leyenda, Orígenes, mitos y leyendas de Galicia e Manuel Pajón, o bardo lugués, nas que explora o legado cultural e literario galego cun enfoque divulgativo e investigador.

A encargada de conducilo será Marica Campo, escritora de longa traxectoria e gran implicación no eido cultural. A súa obra abrangue poesía, narrativa, teatro e novela, e tamén destaca como autora de prólogos e pregoeira en numerosas ocasións, como nas festas do San Froilán 2017. Campo é unha incansable animadora cultural, recoñecida con múltiples premios e distincións, entre eles o Premio da Cultura Galega 2022 e o Entre Mulleres. Ademais, é Chairega de Honra, distinción outorgada pola asociación cultural Xermolos e a Fundación Manuel María, e nome á biblioteca do colexio do Incio, o seu concello natal.

⚙ Configurar cookies
0.15128517150879