O IV Ciclo da USC festexou a súa patroa en Humanidades

LugoXa
A vicerreitora de Estudantes e Cultura da USC, Pilar Murias, presidiu este luns na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo o acto conmemorativo da patroa do IV Ciclo, no marco dunha emotiva sesión en homenaxe a Dona Francisca Álvarez, durante a que Coral da Asociación do Alumnado de IV Ciclo do Campus de Lugo da USC, una formación de nova creación dirixida por Bruno Villamayor, interpretou tres composicións, que serviron de preludio e epílogo dun coloquio, moderado por Carmen Losada, entre a actriz Benedita Sánchez e as máis de 100 persoas participantes neste acto.
cuarto ciclo usc humanidades
4 Dec 2023

A directora do programa de formación de maiores de 50 anos na USC, Esther Olveira, abriu a quenda de intervención da sesión cunhas verbas de agradecemento a todas as persoas presentes, así como ás persoas que posibilitan o desenvolvemento das actividades do IV Ciclo, “un programa que está a medrar no que a alumnado se refire nos campus de Lugo e Compostela, así como nas distintas sedes nas que comezou a súa implantación”.

Olveira tivo tamén palabras de agradecemento cara a Dona Francisca Álvarez polo seu legado, ao tempo que eloxiou a súa figura humilde e a súa vocación de convivencia, “dúas das características senlleiras do IV Ciclo da USC”, dixo.

Os testemuños vitais manifestados por Benedicta Sánchez, actriz distinguida cun Goya pola súa participación no filme ‘O que Arde’, en resposta ás preguntas formuladas por Carmen Losada, encheron se cabe aínda máis de tenrura unha sesión, na que a propia artista convidada polo alumnado da Asociación do IV Ciclo da USC na sede universitaria luguesa, da importancia da educación na vida das persoas.

“Todo comezou gracias a Dona Elisa, a mestra que na miña infancia estaba en Manán de San Cosme (O Corgo). Ela foi quen lle dixo a meu pai, que era un represaliado, que “a nena tiña aptitude para estudar, polo que lle pediu permiso para levarme á súa casa para darme clases”.

Unha vez rematado este coloquio, a través do que Benedicta Sánchez compartiu co alumnado sénior da USC aspectos singulares e ata descoñecidos da súa biografía, a Coral da Asociación do Alumnado de IV Ciclo do Campus de Lugo da USC puxo o colofón da sesión coa interpretación do Gaudeamus Igitur. As máis de 50 voces que integran esta formación coral xa entoaran antes as pezas Canto de Arrieiro e Pasadobre de Vigo dos toxos.

0.21004986763