O libro 'Líderes anotadores' distribuirase a diferentes clubs de balonceto

LugoXa
A publicación Líderes anotadores repasa a traxectoria dos cinco xogadores que, ao longo da historia do CB Breogán, lograron ser os máximos anotadores da primeira categoría do baloncesto español coa camiseta celeste e será distribuida entre diferentes clubs de baloncesto.
12 Xan 2023

O deputado de Deportes Efrén Castro explicou que “coa distribución aos clubs, pretendemos que a publicación chegue, sobre todo, ás rapazas e rapaces que xogan e desfrutan co baloncesto. Estamos seguros que é un contido que lles gustará porque recolle unha parte da historia do CB Breogán, e valoramos especialmente que sexa en galego e que contribúa, polo tanto, a vincular o noso idioma coas afeccións e os intereses da mocidade”.

A publicación, promovida pola Fundación Breogán co apoio da  Vicepresidencia da Deputación de Lugo, recolle textos dos xornalistas Luís Timiraos, Ovidio González, Roberto Prado e Óscar Losada – tamén responsable da edición-, con curiosidades e datos que trazan os perfís e os méritos deportivos de Alfredo Pérez, Bob Fullarton, Velimir Perasovic, Charlie Bell e Dzanan Musa.

0.20831203460693