O libro 'Manual de camuflaxe' de Samuel Merino será presentado en Lugo

LugoXa
O autor, gañador do XIII Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía, estará acompañado do poeta Luís Valle
Manual_camuflaxe
9 Apr 2026

Este venres, 10 de abril, terá lugar na Librería Trama a presentación do libro 'Manual de camuflaxe', escrito por Samuel Merino. O autor contará coa presenza do poeta Luís Valle durante o acto.

Publicada por Xerais e galardoada co XIII Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía, a obra é unha expedición creativa que envolve e interroga ao lector como unha fenda luminosa.

Máis aló da simple adaptación ao medio, a camuflaxe reflicte o paradoxo do desexo de ser visto, de ser recoñecido mesmo no contexto da disolución. Nesta tensión entre o visible e o velado, os versos de Samuel Merino adquiren unha calidade especular, devolvéndonos a percepción da nosa propia fraxilidade.

0.12481498718262