O local As Palmera será pechado cautelarmente durante doce meses
O tenente alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que o Concello de Lugo sancionará ao bar As Palmeras, ubicado na rúa Tui, co peche cautelar da instalación por un prazo de 12 meses, despois de valorarse as distintas deficiencias atopadas polas inspeccións realizadas polos servizos técnicos municipais. Arroxo afirmou que “agardamos que esta medida mellore a convivencia na zona, dado que este local é actualmente un dos maiores focos de conflictividade de Lugo”.
A sanción imposta polo Concello de Lugo é unha das maiores que se poden aplicar a este tipo de locais, obrigando ao peche cautelar da instalación por un prazo de 12 meses. O peche producirase unha vez se completen os prazos legais de reclamacións, en aproximadamente 45 días, segundo o marcado nas leis 9/2013 do 27 de decembro, de emprendemento e competitividade económica de Galiza e 10/2017 do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galiza. Ademais, dase un prazo de 3 meses para adoptar as medidas correctoras propostas polo persoal técnico municipal, debido ás irregularidades detectadas no local con respecto á normativa vixente.
Rubén Arroxo afirmou que “seguimos traballando para garantir a seguridade nas rúas de Lugo e solucionar os problemas de convivencia que poidan existir nos diferentes puntos da cidade”