O lucense Alonso Liste disputa o europeo de automobilismo con 2 vehículos preparados nas Mercedes

LugoXa
O lucense Xosé Alonso Liste participa no Campionato de Europa de Escalada de Montaña os vindeiros 10 e 12 de maio en Arriondas.
 piloto Alonso Liste
23 Abr 2024

O lucense Xosé Alonso Liste participa no Campionato de Europa de Escalada de Montaña os vindeiros 10 e 12 de maio en Arriondas. O piloto disputará os campionatos galego e europeo de automobilismo de montaña a bordo de dous vehículos preparados no Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) As Mercedes.

Un deles é un monopraza de Fórmula 3 desenvolvido integramente no centro e o outro o Ginetta G55 que poñen a punto cada ano neste CIFP.  O vehículo de Fórmula 3, un modelo Dallara F3, foi creado por alumnos e profesores do ciclo superior dual de Automoción especializado en vehículos de competición, unha titulación que se estrea este curso en Galicia.

Agora Alonso Liste porao a proba nas subidas a Taboada – esta fin de semana - e A Pontenova, no marco do rallye galego; así como na subida a Chantada, que forma parte do campionato de España de montaña. O propio alumnado das Mercedes ocúpase ademais de prestar a asistencia técnica durante as competicións.

No caso do Ginetta G55, a evolución que experimentou nesta ocasión foi unha redución de peso e a incorporación dunha nova liña de escape e un diferencial traseiro. O lucense competirá con este automóbil no Campionato Europeo FIA de carreiras de montaña, que o ano pasado concluíu terceiro na súa categoría. As carreiras comezan a finais de abril.

O centro formativo acolleu a presentación dos dous automóbiles, coa presenza do propio piloto; a xefa territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Sagrario Sánchez; o xefe do servizo de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero, o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón,  e o director das Mercedes, Joaquín Expósito, entre outras persoas.

Rivera destacou que a Deputación apoia de novo ao piloto lucense cun patrocinio de 3.000 euros para participar na proba deportiva. “É un orgullo que Alonso Liste represente a Lugo nunha competición deste nivel no mundo do motor como é a Subida Internacional ó Fito, con milleiros de seguidores e de medios de todo o mundo cubrindo o evento deportivo”, subliñou o deputado.

0.19231200218201