O lucense Iker Marín, campión de Wu Shu no Torneo Internacional da Maia
O deportista lucense Iker Marín Latas proclámase Campión na categoría de Quingda senior de menos de 60 kg na VII edición do Torneo Internacional da Maia de Wu Shu, en Portugal. Marín do Gimnasio Olympuss suma así un novo triunfo na súa carreira deportiva, pois vén de gañar a medalla de prata no Campionato de España de Wu Shu 2024.
A torneo portugués, organizado da asociación desportiva Wulin co apoio do Concello de Maia e da Federación Portuguesa de Artes Marciais Chinesas, é unha das citas xa consolidadas para este deporte de contacto completo que deriva das artes marciais chinesas tradicionais.
A competición estaba aberta a todas as asociacións e clubs de Kung-Fu Wushu e contará coa participación de equipos portugueses do norte ao sur do país, así como de equipos españois, sumando preto duns 200 participantes.