O lucense Nicolás Martínez Adega proclámase campión do mundo de paracanoe en Hungría

LugoXa
O deportista do Club Fluvial, de 19 anos, gañou o ouro na categoría KL3 10.000 metros sénior do Mundial de maratón, e foi recibido polo delegado da Xunta en Lugo
Recepcion-piraguista-Nicolas-Martinez-Lugo
28 Oct 2025

O palista lucense Nicolás Martínez Adega continúa facendo historia no deporte adaptado tras proclamarse recentemente campión do mundo de paracanoe en Hungría.

O deportista do Club Fluvial, con só 19 anos, impúxose na categoría KL3 10.000 metros sénior do Mundial de maratón, converténdose nun dos competidores máis novos en lograr o título.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, recibiu hoxe ao campión para felicitalo persoalmente polo seu éxito internacional.

Arias destacou a súa traxectoria “de esforzo e perseveranza, un auténtico caso de resiliencia e superación”, e subliñou que “a satisfacción polo triunfo é dobre: dun lado porque levou o nome de Lugo ao máis alto do piragüismo, e doutro, porque representa un exemplo inspirador para a mocidade”.

⚙ Configurar cookies
0.07588791847229