O lucense Óscar Rodríguez representa a España no campionato mundial de oratoria

LugoXa
Óscar Rodríguez da Carlos III de Madrid, xunto co malagueño Alberto García da Pontificia Comillas, representarán a España no campionato
oscar_rodriguez
23 Jul 2024

A calidade galega e española en canto a oratoria ten selo lucense. Óscar Rodríguez da Carlos III de Madrid, xunto co malagueño Alberto García da Pontificia Comillas, representarán a España no campionato do mundo de oratoria en español xunto á arxentina Stefanía Fossa, da Universidade de Belgrano, e a peruana Stefanny D. Gamarr, da Universidad Nacional Mayor de San Marcos. Tras unha selección entre 400 participantes de 80 universidades e uns 20 países, estes catro estudantes son os seleccionados para participar na gran final de ‘Esto es debatible’.

A proba está organizada pola Red Latinoamericana de Cooperación Universitaria e a Liga Española de Debate Universitario e terá lugar na Universidade de Belgrano de Bos Aires o 17 de outubro. A selección para esa última fase do campionato realizouse a través da media ponderada de cualificación tanto de expertos e votos do público. Deste xeito, a votación popular foi decisiva, xa que representou o 30 % da decisión final para a selección.

Rodríguez estuda primeiro de Economía e Estudos Internacionais en Madrid e acumula xa logros académicos individuais e colectivos desde antes de comezar a carreira. Foi elixido Mellor Orador do Torneo de Debate Académico de Galicia 2023 da Fundación Barrié, en diversas edicións do certame Parlamento Xove ou os torneos das universidades Francisco de Vitoria e Carlos III.

0.16414904594421