O Lugar de Reque acolle unha foliada este domingo

A asociación cultural Foliada de Bosende organiza este domingo unha xuntanza musical a partir das 17.00 que se celebrará no Lugar de Reque, a carón do Paseo do Rato.
Nesta xuntanza participarán varios grupos de música tradicional e ao remate, haberá foliada libre, polo que dende a asociación animan a todos os interesado a participar cos seus instrumentos, bailando e cantando.
Dende a asociación delcaran que "a tarde de festa, tamén terá un aspecto reivindicativo, xa que este espazo de alto valor ambiental vese ameazado polo proxecto de construcción da Rolda Leste".
