O Lugo Boxing Nights consolida o seu éxito: 2.000 espectadores e 11 combates de gran nivel
Preto de 2.000 espectadores déronse cita o sábado 22 na Praza de Augas Férreas para a segunda edición do Lugo Boxing Nights, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, Deputación provincial de Lugo. No primeiro combate na categoría cadete feminino 43kg enfrontáronse Uxue Poña do Boxing Club Cidade de Lugo, tricampioa galega que representa a Galicia no Campionato de España en Idade Escolar na localidade almeriense de Níjar, que se enfrenta á noiesa Iris Ruibal de SKT Fighters. Finalmente, a victoria foi para Ruibal.
O segundo combate na categoría cadete feminino 50kg estivo protagonizado por Paula Espada do Boxing Club Cidade de Lugo e a viguesa Elena Herrero de A Vella Escola, que gañou o encontro. No terceiro, pelexaron o campión galego Luis Serén de Planasbox A Coruña, que sumou a vitoria, contra o asturiano Iker Rojo de Sanparbox de Xixón. Seguíronlles, Amin Zekhnini do Boxing Club, que logrou a vitoria por KO no segundo asalto contra Baldomero Ordoñez do SKT de Noia.
A marinense Samara Garrido de Team Thunder perdeu contra Maria Nahir do Kick Narón e desde Escola de Boxeo Cachorro pelaxaba Yago Gutiérrez contra o xixonés, Aarón Santurio, campión deste encontro. Na modalidade de savate (kickboxing francés), na categoría de 63kg, Mario Romero do Boxing Club e actual campión galego desta disciplina vencía ao púxil do Club Galaico de Lugo, Raúl Trillo.
No oitavo combate da noite enfrontáronse, xa en categoría elite 63,5kg de peso, Santiago Zanetti do Planasbox da Coruña superaba a Karim Amado do club Sanparbox de Xixón. Na categoría elite 63kg enfrontáronse, desde a Escola de Boxeo Cachorro, Anxo González, contra o influencer da Vella Escola de Vigo, Angello Vásquez que se facía co combate.
Como combate semiestelar, na categoría elite peso pluma 57kg, enfrontáronse Carlos Jackson do Boxing Club, actual e tricampión galego na súa categoría e futuro representante no mes de xullo de Galicia nos Campionatos de España Elite en León, contra o coruñés Andrés Domínguez, pertencente ao club Brabox76 que ostenta o subcampionato galego e que non lograba facerse coa vitoria.
Como combate estelar da noite, na categoría profesional, chegaba Wilker Faña (3-0-0 2KO) do Boxing Club Cidade de Lugo que consegue a súa terceira vitoria como profesional despois de gañar as dúas primeiras por KO ante o hondureño afincado en Madrid, Enmanuel Zúñiga. Un combate no que o hondureño non regalou nada e onde houbo bos cruces de golpes por parte de ambos.