O Lugo Cultural xa ten programación para outono

LugoXa
O Lugo Cultural impusado ola USC, Concello de Lugo e a Deputación Provincial de Lugo xa ten lista a súa programación de outono
LogoCultural protada
21 Oct 2022

Fotografía, videocreación, música de cámara e arte sonora centran as disciplinas artística sobre as que xirará este outono a programación de actividades impulsadas desde a USC, xunto co Concello de Lugo e a Deputación Provincial de Lugo, ao abeiro do convenio Lugo Cultural, segundo se puxo de manifesto hoxe nun acto de presentación celebrado no edificio da Vicerreitoría de Coordinación de Lugo e no que participaron a vicerreitora de Estudantes e Cultura da USC, Pilar Murias; a vicepresidenta da Deputación de Lugo, Tarexia Ferreiro, e integrante do grupo Fonmiñá e coordinador do Maratón Fotográfico do Campus, Eduardo Ochoa.

Fotografía

O XXVIII Maratón Fotográfico, que se desenvolverá o domingo 6 de novembro, e o IV Certame de Videocreación, unha proposta que conxuga a creatividade con formación complementaria nesta disciplina artística, constitúen dúas iniciativas que contan co atractivo engadido de premios económicos ás propostas mellor valoradas polo xurado. A carón destas propostas, que xa están consolidadas na oferta cultural da capital luguesa, o programa do Lugo Cultural para a tempada de outono inclúe como novidades a posta en marcha dun grupo fotográfico e un certame de paisaxes sonoras coordinado polo compositor Arturo Vaquero e que pon en valor o labor do Grupo de Creación Sonora da USC (GCSUS) creado por Inmaculada Cárdenas.

O XXVIII Maratón Fotográfico do Campus, unha cita para a que se abre hoxe o prazo de inscrición, inclúe nesta edición como novidade un chisco á figura de Rof Codina. Este certame, aberto á participación de todas as persoas afeccionada á fotografía, repartirá 900 euros aos participantes que acaden os premios Carlos Valcárcel, que distingue a mellor imaxe presentada a concurso; Eduardo Ochoa, galardón que recoñece a mellor fotografía do tema proposto pola organización, e un terceiro recoñecemento, tamén con gratificación económica, trofeo e diploma, para a mellor creación de temática libre. A elaboración dun calendario con 12 das imaxes presentadas a concurso e a apertura, prevista para o 21 de novembro na Biblioteca Intercentros, dun exposición composta por 20 imaxes que logo viaxará á Biblioteca Provincial Lugo, completan a dimensión do XXVIII Maratón Fotográfico do Campus.

A posta en marcha dun grupo fotográfico é outra das novidades da programación de outono do Lugo Cultural. O lugués Adra Pallón será o responsable de impartir as accións formativas dunha iniciativa que pretende achegar formación para contar historias a través da linguaxe fotográfica e mesmo para a creación de proxectos fotográficos. As clases deste programa teórico e práctico, que está aberto a todo o público interesado con coñecementos mínimos de fotografía, desenvolveranse os venres, de 17.00 a 20.00 horas, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo.

Videocreación 

O IV Certame de Videocreación é outra da propostas lanzadas desde Lugo Cultural para favorecer a creatividade da mocidade, así como do público interesado na creación de contidos audiovisuais. As persoas interesadas en tomar parte nesta proposta poden formalizar a súa inscrición de balde ata o 23 de novembro a través dun formulario habilitado en www.lugocultural.es que deben remitir cuberto ao enderezo electrónico cultura.lugo@usc.es .

O IV Certame de Videocreación amplía a 1.500 euros a dotación económica dos seus galardóns, entre os que figura o Premio Rof Codina, dotado con 300 euros. Do mesmo xeito que en anteriores edicións, este programa mantén os premios á videocreación con mellor linguaxe visual, o premio Isidro Novo, que distingue a mellor calidade literaria, e o galardón Araceli Herrero, que distingue a proposta que mellor integre todos os elementos comunicativos. A inscrición neste certame está aberta no enderezo electrónico cultura.lugo@usc.es . O prazo de presentación das pezas, que non deben superar os cinco minutos, remata ás 13.00 horas do 23 de novembro, e a entrega de premios será o 21 de decembro ás 20.00 horas, no Museo Interactivo da Historia de Lugo.

A aposta pola videocreación refórzase nesta edición do certame co celebración do curso Videocreación. Arte, experiencias e cintas de vídeo. Carmen P. Granxeiro impartirá esta actividade formativa complementaria os días 29 de outubro, 5, 12, 19 e 20 de novembro, en quenda de 11.00 a 14.00 horas, na Casa do Saber.

As persoas interesadas en tomar parte nesta actividade gratuíta poden enviar cuberto o formulario de inscrición dispoñible na web www.lugocultural.es ao enderezo electrónico cultura.lugo@usc.es ata o 26 de outubro.

Paisaxes sonoras 

O programa de Lugo Cultural ofrecerá tamén en novembro o evento ‘Paisaxes Sonoras’, unha nova proposta creativa aberta a persoas que queiran aprender como se poden realizar as gravacións e composición de espazos sonoros. O certame, cuxo prazo de inscrición estará aberto ata o 25 de novembro, contempla a celebración dunha master class impartida por Arturo Vaquero o 7 de novembro. Os participantes poderán optar tamén a premios, entre os que cómpre citar un galardón co nome GCSUS, tal e como se coñece o grupo de creación musical do campus impulsado por Inmaculada Cárdenas que foi pioneiro en música electroacústica.

Músicas a Carón Mosqueira 

O ciclo de cámara Músicas a Carón da Mosqueira volve tamén ao outono lugués con tres concertos na Casa do Saber. A pianista Marta Puig abrirá o 28 de novembro a nova edición deste programa, no que tamén participará o 12 de decembro a pianista Natalie Schwmanova. Natalia Labordette e Victoria Guerrero, que forman Dúo Lied, pecharán esta quenda e concertos de música de cámara o 19 de decembro. Todas as actuación comezarán ás 20.30 horas. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.

Maraton Fotografico
LC22 video
0.17085003852844