O Lugo feminino, campión da Copa Deputación
O equipo feminino do Lugo fíxose este domingo co título de Campión de Copa logo de vencer por goleada ao Antas, por 5-0.
O equipo da Ulloa ocupou a segunda praza da competición logo de que o Friol B rexeitara seguir na competición malia gañar nas semifinais.
O CD Lugo suma este título a unha gran tempada na que logrou o ascenso de categoría, a Primeira Nacional, logo de quedar na terceira posición na fasa de liga regular.
Nesta fase de Copa, o Lugo desíxose en oitavos da Comercial, por unha goleada de 0-14 e en cuartos do Chantada (0-3). Na semifinal tamén venceu ao Milagrosa, cun avultado marcador de 0-8.
O equipo que dirixe Joaquín Blanco enfrontouse por segunda vez ao Antas na fase final da Copa e volveu gañar. Nesta ocasións, venceron por 5-0 cunha gran contundencia. Ademais, María Valcárcel foi a máis goleadora da competición sumando un total de nove tantos.