O Lugo perdeu o partido co Atlético pero gañou en orgullo

LugoXa
Non puido ser.
6 Xan 2024

Non puido ser. O CD Lugo caeu derrotando ante o Atlético de Madrid por 1-3 no Anxo Carro ante unha afección que se mostrou moi orgullosa do seus polo xogo desenvolvido no verde. Pero ao final, o milagre non se produciu e o Lugo di adeus á Copa do Rei pero pola porta grande.

Saíron con forza os albivermellos, que aínda así encaixaron rapidamente o primeiro gol, no minuto 2 por medio de Correa. Foi despois cando a grada vibrou ao grande. Antonetti marcaba no 38' un golazo que deixaba o marcador en táboas antes do descanso. Foi cando Lugo fixo os seus mellores minutos. E á volta non de deixou ir e lle puxo as cousas complicadas ao Atlético. Foi Memphis o encargado de abrir fenda, nos minutos 65 e 73. Nunca unha derrota soubo mellor, derrota ante un equipo de Primeira que tivo que suar moito para levarse a vitoria e a grada marchou orgullosa do visto e con moitas esperanzas para o resto de tempada.

Aproveitouse a sesión para render unha homenaxe a Diego López, histórico futbolista lucense que anunciaba a súa retirada dos terreos de xogo o pasado mes de decembro.

Diego López, xogador de talla internacional, e que defendeu ao longo da súa extensa traxectoria as porterías de Real Madrid, AC Milán, Sevilla FC ou RCD Espanyol entre outros, colgaba as luvas tras unha magnífica carreira que lle levou a erixirse nunha das grandes figuras do fútbol nacional e, por suposto, en irrepetible embaixador do deporte galego e lucense.

Na homenaxe, Diego López recibiu a insignia de ouro do club, e realizou o saque de honra nun encontro que engade un motivo máis para o seu categorización como día histórico para cidade, club e afección.

0.20801305770874