O Lugo prescinde dos servizos do técnico Roberto Trashorras
O Club Deportivo Lugo acaba de comunicar que o adestrador Roberto Trashorras non continuará o vindeiro ano á fronte do equipo lucense. Así o traslada a entidade a través dun comunicado no que dan a coñecer que o técnico e o equipo separan os seus camiños despois dun acrodo “acordo alcanzado entre ambas as partes tras a finalización da tempada 23-24”.
Dende a institución agradecen “o labor realizado polo técnico, o seu desempeño e profesionalidade demostrada durante o período no que formou parte desta entidade, e deséxanselle os maiores éxitos persoais e profesionais no futuro”. O CD Lugo materializara o acordo co rabadense para a súa incorporación como primeiro adestrador en febreiro deste mesmo ano.
Trashorras, que desempeñaba as súas funcións como adestrador do equipo filial ata ese momento, asumiu as rendas do primeiro equipo da entidade tras unha dilatada experiencia como xogador de elite en equipos como FC Barcelona, VDE As Palmas, Raio Vallecano ou RC Celta de Vigo. Despois de acumular varias campañas exercendo como técnico na estrutura albivermella, incorporouse de inmediato á dinámica de traballo,